Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora. Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións. Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka. Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo.   Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura. 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríxida.

O GRUPO DE 1º DE PRIMARIA RECITA DOÑA CASTAÑA

Os alumnos e as alumnas de 1º de Educación Primaria realizaron distintas actividades na aula con motivo do Magosto,  unha festa moi importante na nosa provincia que celebramos no noso cole o pasado martes 11 de novembro, coincidindo co día de San Martiño. Aquí deixamos un pequeno vídeo para que vexades ao grupo recitando unha poesía titulada Doña Castaña.

DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Hoxe non é un día calquera. Dende   1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil promove a celebración do Día Internacional da Biblioteca cada 24 de Outubro. Como sabemos, este día ten como obxectivo destacar a importancia das bibliotecas escolares polo papel que desempeñan na educación así como promover o gusto pola lectura. Por fortuna, para moita xente (lectores/as,   mestres /as, bibliotecarios/as ...) o Día Internacional da Biblioteca segue sendo todos os días do ano así que... sigamos celebrándoo!

LEMA GAÑADOR

Xa temos lema gañador! O lema que acadou a maior cantidade de votos foi o seguinte: Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer. Autoras: Lucía Núñez, Sara López Sánchez, Iria Vázquez e Lizhen Ying de 6º de E.P.   Parabéns ás alumnas que o crearon e moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. Esperámosvos na biblioteca!

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro será o Día Internacional das Bibliotecas . Para celebralo, imos elixir o lema deste curso para a nosa biblioteca escolar. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente ano académico. Presentación das propostas: O obxectivo é buscar un lema para a nosa biblioteca. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas indicando o seu nome e curso no revés da folla. Xurado: Levarase a cabo unha selección das mellores propostas que a continuación serán expostas no blog da biblioteca: http://www.bibliotecacprsagcorazon.blogspot.com.es/ A decisión final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line. Premios e distincións: O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador do lema arredor do que tamén se traballará

Fin de Curso

Este ano comezamos o curso académico con Mafalda, e como non podía ser menos, imos rematar o curso tamén con ela. Salientando que este ano, o seu creador, Joaquín Salvador Lavado, ' Quino ' (Mendoza, 1932), foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades . Parabéns!! Felices vacacións!!!!

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!