Saltar ao contido principal

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA


O vindeiro 24 de outubro será o Día Internacional das Bibliotecas. Para celebralo, imos elixir o lema deste curso para a nosa biblioteca escolar.
BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente ano académico.
Presentación das propostas:
O obxectivo é buscar un lema para a nosa biblioteca. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas indicando o seu nome e curso no revés da folla.
Xurado:
Levarase a cabo unha selección das mellores propostas que a continuación serán expostas no blog da biblioteca:
A decisión final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line.
Premios e distincións:
O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador do lema arredor do que tamén se traballará durante o presente ano académico.
O fallo do xurado farase público a finais do mes de outubro.
Prazos de entrega:
O concurso queda aberto a partires da presente convocatoria. O prazo de entrega das propostas vence o 16 de outubro. Haberá que entregalas aos integrantes do equipo do Proxecto Lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola).








Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.