BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá
participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.
Traballos:
O tema é libre (literatura,
historia, misterio, amor, natureza, fantasía, medo, humor,...) e só se
admitirán obras orixinais e inéditas.
1ª categoría: Primeiro, Segundo e Terceiro
de Educación Primaria.
O alumnado poderá participar
na seguinte modalidade:
Representación gráfica dun autor/a ou obra: os
traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por
detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro,
Manuel Curros Enríquez, Shakespeare, Miguel de Cervantes, Julio Verne, J.K.
Rowling,...)
2ª categoría: Cuarto, Quinto e Sexto de
Primaria.
3ª categoría: Primeiro, Segundo, Terceiro
e Cuarto de Secundaria.
O
alumnado poderá participar nunha das modalidades seguintes:
Poesía (máximo 20 versos)
Relato curto (ata 500 palabras)
Relato (ata 1500 palabras)
Cómic
Teatro
As
composicións poderán estar escritas en galego, castelán, inglés ou francés e ir
encabezadas por un título. Os traballos deberán realizarse individualmente.
Presentación:
Os
traballos de Educación Primaria en calquera das categorías poderán presentarse
en formato papel ou dixital. Os traballos correspondentes a Educación
Secundaria deberán presentarse en formato dixital. (Absterse de usar Intelixencia Artificial para a elaboración dos mesmos, posto que significrá a descalificación inmediata do certame).
Xurado:
O xurado
estará formado polos compoñentes do PLEA (Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información).
Premios e distincións:
Outorgaranse
un máximo de 2 premios por categoría.
No caso
de que as obras non acaden unha calidade mínima (presentación, ortografía,
redacción, etc.), o xurado poderá declarar o premio deserto.
O fallo do
xurado farase público o 23 de abril, Día do Libro.
Prazos e recepción de escritos:
O
Concurso queda aberto a partir da presente convocatoria.
O prazo
de entrega das obras vence o venres día 10 de abril.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, poderán entregar os debuxos aos membros do PLEA (Mónica, Lola, Begoña, Miriam Nieto, Cristóbal e Verónica). O alumnado de Educación Secundaria e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria enviarán os seus traballos ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, poderán entregar os debuxos aos membros do PLEA (Mónica, Lola, Begoña, Miriam Nieto, Cristóbal e Verónica). O alumnado de Educación Secundaria e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria enviarán os seus traballos ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.
Entrega de Premios:
Os premios
entregaranse o día 23 de abril, nun acto en presenza do xurado e de todos os profesores/as
e compañeiros/as do centro.
Bases:
O feito
de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases.
As obras
premiadas serán publicadas na páxina web do centro, instagram e blog da biblioteca que poderá facer
uso delas coa finalidade de fomentar o gusto pola lectura.


Comentarios
Publicar un comentario