Cada ano, o 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999.
De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.
Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o seu ensino, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura,... o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considere unha forma anticuada de arte, senón un.
Aquí vai un adianto:
Alumnas e alumnos de 5º de primaria fixeron esta fermosísima poesía adicada ao río Miño.
O río Miño
Río Miño, río Miño,
ti formas un gran leito,
moitos pobos no teu camiño
mirándote encólleseme o peito.
Ti naces moi pequeniño
na lonxana Serra de Meira;
e tras recorrer un gran camiño,
chegas á miña beira.
Cando chegas ós Peares,
encóntraste co Sil;
mais segues por esos lares,
percorrendo camiño con "il".
Moitas pontes atravesan
no noso querido Ourense
cal será a máis fermosa?
Déixame que pense!
Desde o monte de Santa Tegra,
vexo o teu gran caudal:
es ti meu Miño,
que chegas ó teu final.
Autores/as: Santiago, Telma, Lizhen e José Miguel.
Autores/as: Iria Vázquez, Lucía Núñez e Diego Rey.
Comentarios
Publicar un comentario