Saltar ao contido principal

CONCURSO BIBLIOMASCOTA

O Colexio Sagrado Corazón
convoca
Concurso Bibliomascota
 

 O 24 de outubro festéxase o Día Internacional das Bibliotecas. Para celebralo, imos elixir unha mascota para a nosa biblioteca escolar.

BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.

Presentación das propostas:
Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, cartulina, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4).
A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do debuxo. O nome do/a autor/a debe figurar no revés da folla.


Xurado:
Levarase a cabo unha selección das mellores propostas e a continuación serán expostas no blog da biblioteca www.bibliotecacprsagcorazon.blogspot.com.es.
A elección final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line.

Premios e distincións:
O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador/a da mascota da biblioteca do centro, que a partir dese momento formará parte da andaina académica de todo o alumnado.
O fallo do xurado farase público en decembro, antes das vacacións de Nadal.

Prazos e recepción de escritos:
O Concurso queda aberto a partir da presente convocatoria.

O prazo de entrega das obras vence o día 22 de novembro.
Os traballos entregaranse aos membros do equipo lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!