Saltar ao contido principal

ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO



Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis coñecida, naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro   de 1837. 
En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario 'La flor' no xornal La Iberia.
Rosalía casa no ano 1858, con Manuel Murguía e publica a súa primeira novela: 'La hija del mar'. A partires dese intre comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. En 1863 publica 'A mi madre' e 'Cantares Gallegos', obra clave no Rexurdimento literario de Galicia. En 1880 publica 'Follas Novas', obra que a consagra como poetisa galega.

Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.
O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguinte no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres. 
Dende o ano 1963, o Día das Letras Galegas conmemórase cada 17 de Maio en homenaxe ao centenario da publicación de Cantares Gallegos.
Se tedes curiosidade, podedes consultar a web da súa fundación oficial: Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
Como mostra da contemporaneidade dos versos de Rosalía, aquí deixamos tamén un enlace onde podedes ler un dos seus poemas e escoitalo en cinco versións distintas: Negra sombra







Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.