Saltar ao contido principal

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA



O Día Internacional da Lingua Materna (DILM) foi proclamado pola Conferencia Xeneral da UNESCO en novembro de 1999. Esta celebración contribúe dende hai máis dunha década a poñer de relevo as múltiples funcións que teñen as linguas para a formación e construción dunha cidadanía mundial onde cada persoa dispoña dos medios reais para contribuír á vida e aos retos da sociedade.Por iso, cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.

A mensaxe que se quere transmitir neste Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.