O Día Internacional da Lingua Materna (DILM) foi proclamado pola Conferencia Xeneral da UNESCO en novembro de 1999. Esta celebración contribúe dende hai máis dunha década a poñer de relevo as múltiples funcións que teñen as linguas para a formación e construción dunha cidadanía mundial onde cada persoa dispoña dos medios reais para contribuír á vida e aos retos da sociedade.Por iso, cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico. A mensaxe que se quere transmitir neste Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divul...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.