O xornal escolar: cando a escola aprende a contarse a si mesma Poucas ferramentas permiten capturar as historias que se crean dentro da escola con tanta forza como o xornal escolar , un espazo onde a comunidade educativa non só informa, senón que aprende a mirar e a mirarse. O xornal é moito máis que un produto final impreso ou dixital; é unha actividade na que a curiosidade transfórmase en aprendizaxe significativa . Cada estudante convértese en protagonista: reporteiro/a, editor/a, ilustrador/a ou cronista. Aquí tedes a proposta do alumnado de 4º de Educación Primaria que co motivo do Día Internacional das Bibliotecas escribiu e publicou unha edición especial sobre "A Vendima".
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.