Cada ano, o 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO , o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o seu ensino, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura,... o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considere unha forma anticuada de arte, senón un. Neste senso, o alumnado do colexio quixo conmemorar esta celebración, e que mellor forma que es...