De xeito similar ao alumnado de Infantil, os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron co libro de O Principiño e visitaron a biblioteca.
E para que vexades o que fixeron deixamos aquí algunhas fotografías,...
O alumnado de primeiro decorou con plastilina debuxos dos baobabs, esas árbores que tanto preocupaban ao Principiño.
Os nenos e as nenas de 5º e de 6º de Primaria aínda non remataron os seus traballos. Trátase dunha actividade conxunta onde tiveron que ler todo o libro e destacar aquelas frases que máis lle gustaran (por parellas) logo recollen esa frase nun libro conxunto onde tamen hai debuxos.
Nas fotografías queda constancia da dedicación e as gañas que lle puxeron!!!

O alumnado de segundo, tivo que estruxar os miolos para imaxinar que había dentro da boa. Que fora o que comera ademais do elefante. A súas creacións son moi orixinais...
O alumnado de terceiro fixo un bonito debuxo do Principiño onde destaca unha das cualidades que sobresaen neste fermoso libro.
Os nenos e as nenas de 5º e de 6º de Primaria aínda non remataron os seus traballos. Trátase dunha actividade conxunta onde tiveron que ler todo o libro e destacar aquelas frases que máis lle gustaran (por parellas) logo recollen esa frase nun libro conxunto onde tamen hai debuxos.
Nas fotografías queda constancia da dedicación e as gañas que lle puxeron!!!
Comentarios
Publicar un comentario