Saltar ao contido principal

LECTURA COLECTIVA: ARTURO E CLEMENTINA



Esta semana, o alumnado de 1º de E.P. acudiu á biblioteca do noso centro para seguir a traballar con obras que tratan cuestións como a igualdade ou a coeducación. O conto seleccionado para levar a cabo unha lectura colectiva e afondar nas devanditas cuestións cos nenos e nenas do grupo foi Arturo e Clementina, unha fábula da prestixiosa escritora e historiadora italiana Adela Turín que reivindica o rol feminino na sociedade e combate os estereotipos sexistas.









Podedes atopar máis información sobre esta obra e outras publicacións semellantes premendo no seguinte enlace: SUXERENCIAS LITERARIAS










Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!