Saltar ao contido principal

Día das Letras Galegas 2013

Como todos sabemos, cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua. Foi no ano 1963 cando se decidiu homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración do evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debería consagrar o simbolismo da data nunha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía de Castro llo adicou a Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada. 
Ao longo destes 50 anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, os celanoveses Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respectivamente. 
Este ano, a figura central das Letras Galegas será Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002), un recoñecido actor e escritor de numerosas pezas de teatro en galego. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética e o diálogo coa tradición. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!