Unha nova páxina por escribir na nosa biblioteca Comeza un novo curso, e con el, unha infinidade de historias por descubrir, ideas por compartir e soños por construír entre os andeis da nosa biblioteca. O curso 2025/2026 abre as súas portas e queremos conseguir que durante este curso académico, a biblioteca convértase nese recuncho onde a curiosidade espértase, a imaxinación expándese e a aprendizaxe gózase. Durante este ano escolar, a nosa biblioteca será máis que un lugar de reforzo escolar ou de consulata: será un espazo vivo, cheo de encontros, proxectos e experiencias compartidas. Haberá novidades literarias, actividades de polos creativos, recuncho de radio e moitas sorpresas máis pensadas para todos os niveis e gustos lectores. O noso obxectivo será que cada alumno/a, docente e familia senta a biblioteca como súa. Un lugar onde perderse entre libros… e atoparse con novas formas de pensar. Porque ler non só ensínanos, tamén nos conect...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.