A Biblioteca Escolar Sagrado Corazón constitúe un espazo educativo de referencia para o conxunto da comunidade escolar. Ao longo da súa traxectoria foi reunindo un importante fondo bibliográfico e documental que inclúe obras literarias, novelas, libros de consulta, enciclopedias e materiais de carácter histórico, científico e divulgativo. O centro atende alumnado das etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, polo que a biblioteca debe dar resposta a necesidades e intereses lectores moi diversos, tanto no que respecta ás idades como aos niveis de competencia lectora.
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.