Na seguinte ligazón temos a conferencia de Encina Calvo-Iglesias que é Doutora en Ciencias Físicas e Profesora no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); forma parte do grupo de investigación Propiedades Termofísicas e de Transporte de Fluídos desta universidade. Nos últimos anos traballou no tema da incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na utilización do cinema e a literatura para motivar ao alumnado na aprendizaxe da física. A conferencia O non-lugar das científicas foi a terceira do ciclo Emakumeek zientzia egiten dute / Elas fan ciencia organizado polo Concello de Bilbao-Bilboko Udala no ano 2016. Nela, Encina Calvo-Iglesias comeza explicando o concepto de non-lugar acuñado polo antropólogo Marc Augé en 1996, relacionándoo coa invisibilidade das científicas no noso imaxinario colectivo . A conferenciante prosegue introducindo algúns exemplos do cinema e a literatura que poden axudarnos a recoñecer os méritos de moitas cientí...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.