O pasado 1 de marzo, a clase de 2º e a clase de 4º de EP recibiron o 2º premio na categoría de Debuxo e o 1º premio na categoría de Poesía respectivamente no Concurso de San Rosendo. Noraboa rapaces!!!!!!!
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.