O alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou o Entroido cun texto de Carlos Casares, que é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O texto foi publicado na Voz de Galicia no ano 2000. Carlos Casares n ado en Ourense, o 24 de agosto de 1941, aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. O futuro escritor vive nun ambiente entre aldeán e vilego, en permanente contacto cunha extensa familia espallada por distintos puntos da comarca, con casas en Lamas, Beiro e Sabucedo, ademais de no propio Xinzo, nas que pasará longas tempadas. É un mundo que Casares recordaría sempre con gran viveza e que reaparecerá unha e outra vez na súa obra literaria. Este artigo é unha clara mostra destas vivenzas. TEMPO DE MÁSCARAS R ecordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria n...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.