De xeito similar ao alumnado de Infantil, os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron co libro de O Principiño e visitaron a biblioteca. E para que vexades o que fixeron deixamos aquí algunhas fotografías,... O alumnado de primeiro decorou con plastilina debuxos dos baobabs, esas árbores que tanto preocupaban ao Principiño. O alumnado de segundo, tivo que estruxar os miolos para imaxinar que había dentro da boa. Que fora o que comera ademais do elefante. A súas creacións son moi orixinais... O alumnado de terceiro fixo un bonito debuxo do Principiño onde destaca unha das cualidades que sobresaen neste fermoso libro. Os nenos e as nenas de 5º e de 6º de Primaria aínda non remataron os seus traballos. Trátase dunha actividade conxunta onde tiveron que ler todo o libro e destacar aquelas frases que máis lle gustaran (por parellas) logo recollen esa frase nun libro conxunto onde tamen hai debuxos. Nas fotografías queda constancia da ...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.