Magnífico libro sobre o Principiño feito polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, onde se recollen as frases máis célebres ilustradas con debuxos.
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.