O vindeiro 24 de outubro será o Día Internacional das Bibliotecas . Para celebralo, imos elixir o lema deste curso para a nosa biblioteca escolar. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente ano académico. Presentación das propostas: O obxectivo é buscar un lema para a nosa biblioteca. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas indicando o seu nome e curso no revés da folla. Xurado: Levarase a cabo unha selección das mellores propostas que a continuación serán expostas no blog da biblioteca: http://www.bibliotecacprsagcorazon.blogspot.com.es/ A decisión final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line. Premios e distincións: O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador do lema arredor do que tamén se trabal...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.