Desde o portal 11 de Febreiro lanzouse unha campaña relacionada co Día Internacional da Muller e a Nena en ciencia, co propósito de facer visible o traballo das científicas ao longo da historia, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.
Aínda queda moito por facer para romper o sesgo que existe entre os homes e mulleres no ámbito científico, e os centros educativos teñen unha labor moi importante que realizar nese sentido!
Podedes atopar información e material en: https://11defebrero.org

Comentarios
Publicar un comentario