Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

CONCURSO BIBLIOMASCOTA

O Colexio Sagrado Corazón convoca Concurso Bibliomascota    Feliz Aninovo!  Para celebrar por todo o grande a entrada neste novo ano 2026, imos elixir unha mascota para a nosa biblioteca escolar. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Presentación das propostas: Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas de edición propia empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, deseño dixital, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4) ou sexan elaborados coa axuda da IA (Intelixencia Artificial). A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do deb...