O Colexio Sagrado Corazón convoca Concurso Bibliomascota Feliz Aninovo! Para celebrar por todo o grande a entrada neste novo ano 2026, imos elixir unha mascota para a nosa biblioteca escolar. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Presentación das propostas: Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas de edición propia empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, deseño dixital, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4) ou sexan elaborados coa axuda da IA (Intelixencia Artificial). A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do deb...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.