Saltar ao contido principal

A nosa nova Biblioteca Móbil: Libros sobre rodas!

A lectura atopou unha nova forma de viaxar polos corredores do centro. Desde hai unhas semanas, o alumnado pode descubrir unha iniciativa tan orixinal como ilusionante: a Biblioteca Móbil, un estante sobre rodas repleto de libros (actualmente de libros de agasallo para que leven a casa sen ter que devolvelos) pero máis adiante percorrerá os corredores e os patios ofrecendo lecturas para todos os gustos…!

Este proxecto, impulsado polo novo equipo de Biblioteca, nace cun propósito claro: achegar os libros ao alumnado e fomentar o pracer da lectura sen obrigacións.

Os exemplares, serán seleccionados con mimo, procedentes do noso amplo catálogo da biblioteca, así como doazóns e adquisicións pensadas para cada idade e nivel lector. A idea é sinxela pero poderosa: cada estudante poderá elixir un libro, levalo durante o tempo de recreo e devolvelo antes de subir de novo a súa aula.

A Biblioteca Móbil intégrase dentro do actualizado Plan de Biblioteca e do Proxecto Lector, de Escritura e de Acceso á información (PLEA), que busca renovar a forma en que o centro vive a lectura. Este plan aposta por un modelo de biblioteca dinámica, aberta e participativa, onde os libros non se limitan aos andeis, senón que saen ao encontro do alumnado. Queremos que cada libro atope ao seu lector e que cada lector descubra o pracer de ter un libro propio.

Os títulos irán desde clásicos xuvenís ata novidades contemporáneas, pasando por cómics, poesía e álbums ilustrados. En definitiva, a Biblioteca Móbil non só repartirá libros: repartirá ilusión, curiosidade e ganas de aprender. Unha iniciativa que demostra que a lectura, cando se vive en liberdade, pode ser o mellor regalo que unha escola ofrece á súa comunidade.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!