A lectura atopou unha nova forma de viaxar polos corredores do centro. Desde hai unhas semanas, o alumnado pode descubrir unha iniciativa tan orixinal como ilusionante: a Biblioteca Móbil, un estante sobre rodas repleto de libros (actualmente de libros de agasallo para que leven a casa sen ter que devolvelos) pero máis adiante percorrerá os corredores e os patios ofrecendo lecturas para todos os gustos…! Este proxecto, impulsado polo novo equipo de Biblioteca, nace cun propósito claro: achegar os libros ao alumnado e fomentar o pracer da lectura sen obrigacións. Os exemplares, serán seleccionados con mimo, procedentes do noso amplo catálogo da biblioteca, así como doazóns e adquisicións pensadas para cada idade e nivel lector. A idea é sinxela pero poderosa: cada estudante poderá elixir un libro, levalo durante o tempo de recreo e devolvelo antes de subir de novo a súa aula. A Biblioteca Móbil intégrase dentro do actualizado Plan de Biblioteca e do Proxecto Lector, de Escritura e...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.