Saltar ao contido principal

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Na seguinte ligazón temos a conferencia de Encina Calvo-Iglesias que é Doutora en Ciencias Físicas e Profesora no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); forma parte do grupo de investigación Propiedades Termofísicas e de Transporte de Fluídos desta universidade. Nos últimos anos traballou no tema da incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na utilización do cinema e a literatura para motivar ao alumnado na aprendizaxe da física.

A conferencia O non-lugar das científicas foi a terceira do ciclo Emakumeek zientzia egiten dute / Elas fan ciencia organizado polo Concello de Bilbao-Bilboko Udala no ano 2016. Nela, Encina Calvo-Iglesias comeza explicando o concepto de non-lugar acuñado polo antropólogo Marc Augé en 1996, relacionándoo coa invisibilidade das científicas no noso imaxinario colectivo. A conferenciante prosegue introducindo algúns exemplos do cinema e a literatura que poden axudarnos a recoñecer os méritos de moitas científicas, e conseguir así atopar un lugar para as mulleres na ciencia e na sociedade.
Animámosvos a que lle votedes unha ollada!!!!

O non lugar das científicas

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.