Saltar ao contido principal

LETRAS GALEGAS 2026


Cada 17 de maio festexamos na nosa comunidade autónoma o Día das Letras Galegas. Foi en 1963 cando se decidiu homenaxear a todas aquelas persoas de grande relevancia pola súa traxectoria adicada á creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración de tan sinalado evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debía fixar a data para unha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio por ser cando Rosalía de Castro adicou a súa obra á súa amiga Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada. 
Ao longo de todos estes anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, grandes escritores da nosa vila coma Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respectivamente. 

Este ano, a figura central da celebración é BEGOÑA CAAMAÑO. Se queredes atopar máis información sobre esta autora, podedes consultar o seguinte enlace: https://academia.gal/-/a-real-academia-galega-dedicaralle-o-dia-das-letras-galegas-2026-a-begona-caamano

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...