Saltar ao contido principal

Publicacións

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora. Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións. Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka. Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo.   Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura. 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríx...
Publicacións recentes

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, recomendámosvos este  vídeo ! Espero que vos guste e que serva para reflexionar un pouquiño...

SUXERENCIAS LITERARIAS DE NOVEMBRO

A educación en igualdade é un dos obxectivos fundamentais na escolarización, a pesar dos esforzos feitos neste senso para acadala aínda perduran moitos estereotipos nos nenos e nas nenas. Por mor da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ,  imos facer unhas recomendacións de libros que tentan combater os estereotipos sexistas a través de personaxes que escapan dos roles tradicionais.  1º E 2º DE EP Mi primer libro sobre ellas. Marta Rivera de la Cruz. Ilustracións de Cecilia Varela. Anaya. A autora achega, mediante as páxinas deste libro, a sete mulleres que, en épocas nas que non tiñan dereito a case nada, foron quen de loitar polos seus sonos e chegaron a cambiar a historia. Mulleres como Clara Campoamor, María Moliner ou a escritora galega Rosalía de Castro entre outras. Luna y el vestido de Max. Thierry Lenain. Ilustracións de Delphine Durand. Edelvives. Thierry Lenain narra unha historia na que unha rapaza chamada L...

XORNAL ESCOLAR: Edición especial do 24/10/2025

O xornal escolar: cando a escola aprende a contarse a si mesma Poucas ferramentas permiten capturar as historias que se crean dentro da escola con tanta forza como o xornal escolar , un espazo onde a comunidade educativa non só informa, senón que aprende a mirar e a mirarse. O xornal é moito máis que un produto final impreso ou dixital; é unha actividade na que a curiosidade transfórmase en aprendizaxe significativa . Cada estudante convértese en protagonista: reporteiro/a, editor/a, ilustrador/a ou cronista. Aquí  tedes a proposta do alumnado de 4º de Educación Primaria que co motivo do Día Internacional das Bibliotecas escribiu e publicou unha edición especial sobre "A Vendima".     

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares

En tempos de pantallas e présas, a biblioteca segue sendo un refuxio de calma, curiosidade e encontro . Celebrar o seu día é lembrar que, entre as páxinas dun libro, caben todos os soños posibles. Porque unha escola con biblioteca é unha escola con alma . E cada lector que cruza a súa porta contribúe a manter viva esa chama. No noso colexio, queremos conseguir que a biblioteca sexa moito máis que un lugar para ler; queremos un punto de encontro onde as ideas crúzanse, onde cada alumno/a atopa un recuncho propio e cada libro unha nova oportunidade para inspirar.                                                                             Desde aquí nacerán moitos proxectos, moitísimos! , compartiranse lecturas, descobreranse autores e espertaranse vocacións. Con cada préstamo, cada visita, cada con...

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...